mércores, 20 de novembro de 2024

FELIZ DÍA, CAMPIÓNS E CAMPIONAS!

20 de novembro  -  día  da  infancia 



somos presente, somos futuro

domingo, 10 de novembro de 2024

VISITA Á CASA DO CONCELLO DE A CAPELA

 Esta semana realizamos unha visita á Casa do Concello xunto cos nosos/as compañeiros/as de 3º. Alí explicáronnos aspectos moi básicos do seu funcionamento, vimos os espazos máis importantes e ademais, trouxemos un regaliño. Gracias! 

sábado, 9 de novembro de 2024

DÍA DO PEÓN

Achégase o día! Podedes practicar e escoitar a canción "Fago o camiño", do grupo Ourensóns, facendo clic. E a bailar!

venres, 8 de novembro de 2024

BO TRABALLO, COMPI!

 Graciñas pola iniciativa e por compartir a túa investigación con nós. Encantounos coñecer a Conchita, Tom e Jerry e aprender tanto sobre os caracois👏


domingo, 3 de novembro de 2024

SAMAÍN

Tempo de cabazas, de sustos e de conxuros! 🎃







Graciñas familias e ANPA pola vosa colaboración! 👏

xoves, 24 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS!

Non foi un 24 de outubro calquera, este curso... Inauguramos a NOVA Biblioteca de Cusco! 👏 Gustounos moito este espazo que de seguro imos usar acotío.

Cusco presentounos un novo proxecto, Capelarte, co que imos aprender moito sobre diferentes disciplinas artísticas. De entrada, xa nos propuxo un reto: atopar 100 parrulos que andan escondidos polo cole para completar un álbum artístico 🦆 Teremos que andar con ollo! 

Ademais, revelounos os/as finalistas do concurso Camisarte e a camiseta que elixiu finalmente para este día especial: a deseñada pola nosa compañeira. Noraboa! 

Por suposto, non faltou a galleta tan riquiña á que nos ten afeitos. 😋

Se queredes coñecer máis detalles sobre esta xornada, entrade no blog da biblio!

mércores, 23 de outubro de 2024

ATENCIÓN!

 O noso amiguiño Cusco 🐭 está preparando unha xornada especial para mañá. Non volo perdades! 

Facede clic na frecha se queredes saber máis.

martes, 1 de outubro de 2024

POR AQUÍ ANDAMOS DE NOVO!

Sabemos que xa van un par de semaniñas que comezamos o curso pero... Máis vale tarde ca nunca! 😅 

Benvidos/as ao 1º ciclo! 


luns, 24 de xuño de 2024

ATA A VOLTA!

 Felices vacacións!

sábado, 22 de xuño de 2024

FIN DE CURSO, FESTA!

Na última xornada deste curso houbo tempo a todo: deporte, partidos que "enfrontaron" a estudantes e mestres, churros con chocolate, hinchables e moito xogo! Gran parte, grazas á nosa benquerida ANPA👏👏


EXCURSIÓN A CORAX FAUNA

 O pasado xoves, 20 de xuño, realizamos unha saída ao centro educativo e de rescate de fauna salvaxe "Corax Fauna", situado en Paderne.

Non só tivemos a oportunidade de apreciar os animais salvaxes de moi preto senón que tamén aprendemos moitas cousas interesantes sobre a especie en xeral e sobre a historia concreta dalgúns deles coas amenas explicacións do noso guía. 

Foi un día xenial! 👏☔🌞🐒🐯





venres, 21 de xuño de 2024

What do you like to do?

We learn English and have fun at the same time! 👏



sábado, 1 de xuño de 2024

CREANDO XOGUETES

 Estes días falamos das forzas e as máquinas e ocorréusenos crear a nosa propia. Aquí o resultado, poucas veces algo tan sinxelo e rápido resulta tan divertido! 






martes, 28 de maio de 2024

TEATRO... DE EMOCIÓNS!

Onte tivemos unha sesión especial da man de Teatro Calavera

Primeiro vimos o vídeo "Os contos da Bruxa Chispún: Branca e a bruxa", unha versión modificada do clásico de Brancaneves, onde bruxa sofre acoso escolar por ser diferente nas aulas e empeza a sentir celos da protagonista. Logo, intercambiamos opinións e reflexionamos sobre a historia. Finalmente, realizamos un "role-playing" no que experimentar con todas esas emocións que sentían as personaxes.

👏👏



luns, 27 de maio de 2024

CINE... DE EMOCIÓNS!

 Cales son as emocións básicas? Como se expresan? Son todas necesarias? Como podemos recoñecelas nos demais? Como te sentirías nesta situación? Que recordos gardas na túa memoria que che fixeron sentir así?

Utilizando como punto de partida a película "Del revés" (Inside Out - Disney Pixar), realizamos diferentes dinámicas de grupo coas que intentamos dar resposta a esas e outras preguntas. Foi moi interesante e permitiunos coñecernos mellor a nós mesmos e tamén aos demáis.

💕😃😟😠😨

  

 






venres, 17 de maio de 2024

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 Hoxe o galego está de festa! 👏👏




mércores, 15 de maio de 2024

FELIZ DÍA FAMILIAS!

 Cada familia é diferente, única e especial. Hai tantas como puñados de botóns e cada unha unida por un fío invisible conectado ao corazón.

Inspirándonos na historia do libro "Un puñado de botones", realizamos estas composicións con tanto cariño que de seguro atoparán un merecido sitio nos vosos fogares.

Feliz día ❤





domingo, 12 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS: Teatro "A nena e o violino"

Da man de Trémola Teatro, o venres coñecimos dunha forma amena e orixinal cómo foi a vida de Luisa Villalta, a quen se lle dedica este ano o día da Letras Galegas. 


venres, 26 de abril de 2024

SEMENTAR, SEMENTAREI... parte II

 Chegou o día de plantar as nosas sementes, esas que tiñamos xerminando. Con sorte, nunhas semaniñas xa teremos un pequeno limoeiro medrando nos vasiños de iogur. 

🌱🍋

xoves, 25 de abril de 2024

SOMOS UNS ARTISTAS... DE LIBRO!

Xunto cos nosos compis de Infantil, o martes creamos este fermoso mural basándonos nunha proposta de Hervé Tullet.

Pasade polo blog de Infantil se queredes ver o proceso (clic na imaxe). Disfrutámolo moito! 🖌🎨

mércores, 24 de abril de 2024

BOOKTRAILER "Leopoldo, o pequeno monstro"

Xa están dispoñibles no blog da biblioteca de Cusco os booktrailer que preparamos todo o alumnado para o día do libro. Entre eles, poderedes ver de novo o resultado do noso pequeno teatro de títeres!


Ademais, neses días tamén aproveitamos para realizar a nosa propia versión de Leopoldo e Evaristo: